Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre o Universo, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Que tipos de astros forman o Universo?", "Como están organizados os astros?", "É o Sol o que xira ao noso redor, como parece, ou é a Terra a que se move?", "Como é o noso sistema solar?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






miércoles, 8 de agosto de 2007

Mercurio (II)



Características orbitais: Distancia media do Sol 0,387 UA. Radio medio 57.910.000 quilómetros. Excentricidade 0,20563069. Período orbital (sideral) 59d 23,3h. Período orbital (sinódico) 115,88 días. Velocidade orbital media 47,8725 km/s. Inclinación 7,004°. Número de satélites 0. Características físicas: Diámetro ecuatorial 4.879,4 quilómetros. Área superficial 7,5 × 107 km2. Masa 3,302×1023 quilogramos. Densidade media 5,43 g/cm3. Gravidade superficial 2,78 m/s2. Período de rotación 58d 15,5088h.
Inclinación axial 0°. Albedo 0,10-0,12. Velocidade de escape 4,25 km/s. Temperatura media superficual: Día 623 K. Temperatura media superficial: Noite 103 K. Temperatura superficial mínima/media/máxima 90 K/440 K/700 K. Características atmosféricas: Presión atmosférica vestixios Potasio 31,7%, Sodio 24,9%, Osíxeno atómico 9,5%, Argón 7,0%, Helio 5,9%, Osíxeno molecular 5,6%, Nitróxeno 5,2%, Dióxido de carbono 3,6%, Auga 3,4%, Hidróxeno 3,2%.
Mercurio é o planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol, e o máis pequeno (fóra dos planetas ananos). Forma parte dos denominados planetas interiores ou terrestres. Mercurio non ten satélites. Coñecíase moi pouco sobre a súa superficie ata que foi enviada a sonda planetaria Mariner 10, e fixéronse observacións con radares e radiotelescopios.
Antiguamente pensábase que a superficie de Mercurio sempre presentaba a mesma cara ao Sol, situación similar ao caso da Lúa coa Terra; ou sexa, o seu período de rotación era igual ao seu período de translación (88 días). Con todo, en 1965 mandáronse pulsos de radar cara a Mercurio, co cal quedou definitivamente demostrado que o seu período de rotación era de 58,7 días, o cal é 2/3 do seu período de translación. Isto non é coincidencia, e é unha situación denominada resonancia de xiro-orbital.
A superficie de Mercurio, como a da Lúa, presenta numerosos impactos de meteoritos de todas dimensións. Algúns dos cráteres son relativamente recentes, dalgúns millóns de anos de idade, e caracterízanse pola presenza dun pico central. Parece ser que os cráteres máis antigos tiveron unha erosión moi forte, posiblemente debida aos grandes cambios de temperatura que nun día normal oscilan entre 623 K (350 ºC) polo día e 103 K (-170 ºC) pola noite. O cráter máis grande é a Cuenca de Caloris, a cal ten un diámetro de 1300 quilómetros.
Do mesmo xeito que a Lúa, Mercurio parece sufrir un período de intenso bombardeo de meteoritos de grandes dimensións, fai uns 4000 millóns de anos. Daqueles tempos remotos datan algúns cráteres, cuios diámetros son aproximadamente duns 100 quilómetros, así como unhas anchas depresións, semellantes aos mares da Lúa.
Contrariamente ao que se pensaba, a sonda Mariner 10 demostrou a existencia dunha atmosfera, moi tenue, constituída principalmente por potasio e sódio, con trazas doutros elementos. A presión da atmosfera parece ser só unha cen milésima parte da presión atmosférica na superficie da Terra

miércoles, 1 de agosto de 2007

Reaccións solares



Reaccións no interior do Sol.

Reaccións solares



Reaccións químicas no interior do Sol.

Novos datos sobre a materia escura



Tecnoticia do día 07/05/2007.

A NASA encontra evidencias da materia escura



Esta imaxe composta mostra o grupo de galaxias 1E 0657-56, tamén coñecido como o "grupo bala". Este grupo formouse logo da colisión de dous grandes grupos de galaxias, o suceso máis enerxético coñecido no universo desde o Big Bang.
O gas quente detectado polo Chandra en raios X vese como dúas manchas rosas na imaxe e contén a maior parte da materia "normal", ó bariónica, dos dous grupos. A mancha en forma de bala da dereita é gas quente dun dos grupos, que pasou a través do gas quente do outro grupo, máis grande, durante a colisión. Unha imaxe óptica obtida polo telescopio Magallanes e o Telescopio Espacial Hubble mostra as galaxias en laranxa e branco. As areas azuis desta imaxe mostran a zona onde os astrónomos atopan a maior parte da masa dos grupos. A concentración de masa determínase usando o chamado efecto de lente gravitatoria, polo cal a luz dos obxectos distantes é distorsionada pola materia entre nós e eles. A maior parte da materia dos grupos (azul) está claramente separada da materia normal (rosa), proporcionando evidencia directa de que case toda a materia dos grupos é escura.