Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre o Universo, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Que tipos de astros forman o Universo?", "Como están organizados os astros?", "É o Sol o que xira ao noso redor, como parece, ou é a Terra a que se move?", "Como é o noso sistema solar?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.
Etiquetas das entradas
- Esquema: O Universo (1)
- Glosario: O Universo (1)
- Vídeo: A Lúa (1)
- Vídeo: Arte no universo (2)
- Vídeo: Astronomía (1)
- Vídeo: Enigmas do universo (3)
- Vídeo: Estrelas (1)
- Vídeo: Formación do Universo (3)
- Vídeo: Materia escura (2)
- Vídeo: O ceo (1)
- Vídeo: O home no espacio (1)
- Vídeo: O infinito (1)
- Vídeo: O Sol (4)
- Vídeo: O Universo (6)
- Vídeo: Os planetas (5)
miércoles, 8 de agosto de 2007
Mercurio (II)
Características orbitais: Distancia media do Sol 0,387 UA. Radio medio 57.910.000 quilómetros. Excentricidade 0,20563069. Período orbital (sideral) 59d 23,3h. Período orbital (sinódico) 115,88 días. Velocidade orbital media 47,8725 km/s. Inclinación 7,004°. Número de satélites 0. Características físicas: Diámetro ecuatorial 4.879,4 quilómetros. Área superficial 7,5 × 107 km2. Masa 3,302×1023 quilogramos. Densidade media 5,43 g/cm3. Gravidade superficial 2,78 m/s2. Período de rotación 58d 15,5088h.
Inclinación axial 0°. Albedo 0,10-0,12. Velocidade de escape 4,25 km/s. Temperatura media superficual: Día 623 K. Temperatura media superficial: Noite 103 K. Temperatura superficial mínima/media/máxima 90 K/440 K/700 K. Características atmosféricas: Presión atmosférica vestixios Potasio 31,7%, Sodio 24,9%, Osíxeno atómico 9,5%, Argón 7,0%, Helio 5,9%, Osíxeno molecular 5,6%, Nitróxeno 5,2%, Dióxido de carbono 3,6%, Auga 3,4%, Hidróxeno 3,2%.
Mercurio é o planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol, e o máis pequeno (fóra dos planetas ananos). Forma parte dos denominados planetas interiores ou terrestres. Mercurio non ten satélites. Coñecíase moi pouco sobre a súa superficie ata que foi enviada a sonda planetaria Mariner 10, e fixéronse observacións con radares e radiotelescopios.
Antiguamente pensábase que a superficie de Mercurio sempre presentaba a mesma cara ao Sol, situación similar ao caso da Lúa coa Terra; ou sexa, o seu período de rotación era igual ao seu período de translación (88 días). Con todo, en 1965 mandáronse pulsos de radar cara a Mercurio, co cal quedou definitivamente demostrado que o seu período de rotación era de 58,7 días, o cal é 2/3 do seu período de translación. Isto non é coincidencia, e é unha situación denominada resonancia de xiro-orbital.
A superficie de Mercurio, como a da Lúa, presenta numerosos impactos de meteoritos de todas dimensións. Algúns dos cráteres son relativamente recentes, dalgúns millóns de anos de idade, e caracterízanse pola presenza dun pico central. Parece ser que os cráteres máis antigos tiveron unha erosión moi forte, posiblemente debida aos grandes cambios de temperatura que nun día normal oscilan entre 623 K (350 ºC) polo día e 103 K (-170 ºC) pola noite. O cráter máis grande é a Cuenca de Caloris, a cal ten un diámetro de 1300 quilómetros.
Do mesmo xeito que a Lúa, Mercurio parece sufrir un período de intenso bombardeo de meteoritos de grandes dimensións, fai uns 4000 millóns de anos. Daqueles tempos remotos datan algúns cráteres, cuios diámetros son aproximadamente duns 100 quilómetros, así como unhas anchas depresións, semellantes aos mares da Lúa.
Contrariamente ao que se pensaba, a sonda Mariner 10 demostrou a existencia dunha atmosfera, moi tenue, constituída principalmente por potasio e sódio, con trazas doutros elementos. A presión da atmosfera parece ser só unha cen milésima parte da presión atmosférica na superficie da Terra
miércoles, 1 de agosto de 2007
A NASA encontra evidencias da materia escura
Esta imaxe composta mostra o grupo de galaxias 1E 0657-56, tamén coñecido como o "grupo bala". Este grupo formouse logo da colisión de dous grandes grupos de galaxias, o suceso máis enerxético coñecido no universo desde o Big Bang.
O gas quente detectado polo Chandra en raios X vese como dúas manchas rosas na imaxe e contén a maior parte da materia "normal", ó bariónica, dos dous grupos. A mancha en forma de bala da dereita é gas quente dun dos grupos, que pasou a través do gas quente do outro grupo, máis grande, durante a colisión. Unha imaxe óptica obtida polo telescopio Magallanes e o Telescopio Espacial Hubble mostra as galaxias en laranxa e branco. As areas azuis desta imaxe mostran a zona onde os astrónomos atopan a maior parte da masa dos grupos. A concentración de masa determínase usando o chamado efecto de lente gravitatoria, polo cal a luz dos obxectos distantes é distorsionada pola materia entre nós e eles. A maior parte da materia dos grupos (azul) está claramente separada da materia normal (rosa), proporcionando evidencia directa de que case toda a materia dos grupos é escura.
martes, 31 de julio de 2007
Andrómeda e a Vía Láctea atoparánse algún día
Corte do documental "O Universo, o seu orixe e o seu futuro" no que se reproduce a unión entre amblas galaxias.
Nacemento e morte do Sol
Fragmento do documental "Viaxe polo Universo" no que se amosa como foi o nacemento do Sol e o que oourrerá cando este desapareza dentro de 5.000 millós de anos.
Mercurio (I)
Documental. O primeiro encontro con Mercurio foi en marzo de 1974. O día de Mercurio dura o dobre co seu ano, o día dura 176 días terrestres e o ano solo 88 días.
Auroras e eclipses
Documental. Sabes cando ou como ocorre unha eclipse solar? Sabes que é unha inxección de masa, producto do Sol? Encontra as respuestas neste documental. O mellor apréndelo antes vendo neste vídeo que lendoo nun libro.
Un instante después del Big Bang
Aínda que dende o noso punto de vista pasou moito tempo dende a gran explosión, realmente vivimos un instante despois da mesma e poderíamos dicir que debido a esto existimos. A enerxía, ó moverse a velocidades próximas a da luz, transfórmase en materia e todo o noso universo creouse a partir dunha pequena partícula, a partícula primordial que estoupou despedindo os seus fragmentos en tódalas direccións e a tal velocidade que creou todo o Universo. Podemos imaxinar a explosión como o estoupido que fai un foguete; nese breve intre no que a súa luz ilumina o ceo, vivimos nos. Todo o Universo, toda a materia que percibimos existe porque ten velocidade. Do mesmo xeito que se apagan as luces do foguete, desaparecerá a materia que forma o Universo cando esta perda totalmente a súa velocidade.
Os impactos
Documental.Ver o que pasaría se unha rocha nos golpeara. En 1972 unha rocha espacial case o fai.
Os Cometas
Documental. Observa como os cometas son absorvidos pola gravidade de Xupiter e este rómpeos en varios anacos e estes bombardean a densa atmosfera de Xupiter. Pero aínda hai máis.
A búsqueda da vida
Documental.O noso planeta é rico en fósforo e sulfuro, algo esencial para a vida, log, por que en Marte non hai vida? Será pola súa distancia ao Sol ou pola inclinación que ten?
Historia da Astronomía
Documental. A astronomía naceu gracias á necesidade do home de medir o tempo, as estacións, de saber cando sembrar ou cuando prepararse para o inverno, pero a verdadeira astronomía empezou en Babilonia.
O Universo en fotografías
Un vídeo feito coas fotos máis espectaculares do Universo, acompañado da música de Enya.
A Terra
Documental.A Terra atópase a 150 millones de quilómetros do Sol,é o primeiro planeta con lúa. Sabes que é unha fumarola oceánica?, ou o efecto do neno?. Descubreo neste documental.
Xúpiter
Documental. Xúpiter é unha xigante bola de gas, é o planeta máis grande, ten un día de 10 horas,o Sol está situado a 780 millóns de quilómetros, tarda 12 anos en completar unha órbita o seu redor,precisaríanse 11 Terras para acadar o diámetro de Xúpiter.
A fronteira do espacio
Foi un ruso o primeiro home en facer unha viaxe espacial, todo comezou na China co invento da pólvora, é a segunda guerra mundial e Alemania desenrola potentes cohetes militares.
Venus
Venus ten unha temperatura día e noite de 480ºC, ¿incrible non?.O Sol nunca entra nos seus ceos velenosos. Da unha volta cada 243 días. O diámetro é case de 12 mil quilómetros.
A Lúa
¿Sabes como se orixinou a Lúa? Durante o día acada unha temperatura de 120ºC, pola noite 160ºC baixo cero, e a gravidade é solo unha sexta parte da gravidade da Terra.
O infinito do Universo
O obxectivo desta viaxe é medir o Cosmo, Australia é un bo lugar para observar galaxias próximas. Na gran nube en 1897 estoupou unha Super Nova, de feito esta Super Nova morreu fai 160 mil años, Andromeda é a galaxia máis próxima a nos situada a máis de 2 millóns de anos luz, a 10 millóns de años luz está A VÍA LÁCTEA. Mencionanse máis galaxias no documental...
Unha visión do ceo
Localización de Cephei no ceo e logo a comparación de tamaños entre planetas e estrelas. Música de THE VERVE.
O Sol
Documental. Para os antigos o Sol era un deus. Descubre como naceu o noso Sol de forma sinxela e clara. A súa historia comeza hai uns cinco mil millóns de anos.
Os enigmas do universo (III)
Resume do programa número 342 emitido o 12 de xaneiro de 2005 pola 2 de TVE.
"Einstein tiña un soño, mellor dito, un pesadelo. Non podía aceptar que a súa relatividade xeral non fora compatible coa mecánica cuántica".
O soño que perseguiu durante os últimos 30 anos foi eatopar unha teoría que fora válida para o mundo que vemos,...
Os enigmas do universo (II)
Resume do programa número 342 emitido o 12 de xaneiro de 2005 pola 2 de TVE.
"Einstein tiña un soño, mellor dito, un pesadelo. Non podía aceptar que a súa relatividade xeral non fora compatible coa mecánica cuántica".
O soño que perseguiu durante os últimos 30 anos foi eatopar unha teoría que fora válida para o mundo que vemos,...
Os enigmas do universo (I)
Resume do programa número 342 emitido o 12 de xaneiro de 2005 pola 2 de TVE.
"Einstein tiña un soño, mellor dito, un pesadelo. Non podía aceptar que a súa relatividade xeral non fora compatible coa mecánica cuántica".
O soño que perseguiu durante os últimos 30 anos foi eatopar unha teoría que fora válida para o mundo que vemos,...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Archivo
-
▼
2007
(31)
-
►
julio
(26)
-
►
31/07
(26)
- Andrómeda e a Vía Láctea atoparánse algún día
- Big Bang
- Nacemento e morte do Sol
- Mercurio (I)
- Auroras e eclipses
- Un instante después del Big Bang
- Os impactos
- Os Cometas
- A búsqueda da vida
- Unha viaxe polos confíns do Universo
- Historia da Astronomía
- Viaxe polo Universo e as estrelas
- O Universo en fotografías
- A Terra
- O Big Bang
- Xúpiter
- A fronteira do espacio
- Venus
- A Lúa
- O infinito do Universo
- Unha visión do ceo
- O Sol
- Arte no Universo
- Os enigmas do universo (III)
- Os enigmas do universo (II)
- Os enigmas do universo (I)
-
►
31/07
(26)
-
►
julio
(26)
GLOSARIO
- Alfa-Centauri
- Anana branca
- Ano-luz
- Astros e tipos de astros
- Buraco negro
- Cinto de asteroides
- Constelacións
- Estrela de neutróns
- Galaxias
- Gravedad
- Meteorito
- Nebulosa
- Planetas exteriores, xigantes ou gasosos
- Planetas interiores, telúricos ou terrestres
- Po cósmico ou interestelar
- Ptolomeo: Almaxesto
- Péndulo de Foucault
- Supernova
- Xigante vermella
RECOMENDACIÓNS DE CONSULTA E AMPLIACIÓN
- A TEORÍA DO BIG-BANG
- A TEORÍA HELIOCÉNTRICA
- A TEORÍA XEOCÉNTRICA
- AS ESTRELAS
- AS GALAXIAS
- AS GALAXIAS: SELECCIÓN DE IMAXES
- AS TEORÍAS SOBRE A ORIXE DO UNIVERSO
- ASTRONOMÍA MODERNA
- O NOVO SISTEMA SOLAR
- O SISTEMA SOLAR (I)
- O SISTEMA SOLAR (II)
- O UNIVERSO
- OS BURATOS NEGROS
- OS CORPOS PEQUENOS
- OS PLANETAS
- OS PLANETAS ANANOS
- TODO SOBRE A ASTRONOMÍA NA ANTIGÜIDADE (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE AS ESTRELAS (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE AS GALAXIAS (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE O MODELO HELIOCÉNTRICO (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE O MODELO XEOCÉNTRICO (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE O SISTEMA SOLAR (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE O UNIVERSO (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE OS ASTROS (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE OS BURATOS NEGROS (IMAXES & WEBS)
- TODO SOBRE OS PLANETAS (IMAXES & WEBS)