Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre o Universo, material para facer traballos, e o mesmo tempo atoparedes respotas a preguntas como: "Que tipos de astros forman o Universo?", "Como están organizados os astros?", "É o Sol o que xira ao noso redor, como parece, ou é a Terra a que se move?", "Como é o noso sistema solar?"... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.
Comeza a interpretarse o Universo dun xeito racional
Os Astros
Tipos
Estrelas
Planetas
Satélites
Cometas
Outros
Movementos
Rotación
Translación
Día e noite
O Sol aparece polo Leste
O Sol ponse polo Oeste
Fases da Lúa
Lúa Nova
Cuarto Crecente
Lúa Chea
Cuarto Minguante
Constelacións
Conxuntos de estrelas fixas no ceo
A imaxinación humana agrupounas formando figuras
Segundo as formas desas figuras reciben os seus nomes
Osa Maior
Osa Menor
Leo
Can maior
A Astronomía na antigüidade
Anaxágoras
Erastótenes
Arquímedes
Aristtóteles
Ptolomeo
Teoría Xeocéntrica
Terra centro do universo
Estrelas fixas
Todo xira arredor da Terra
Copérnico
Teoría Heliocéntrica
O Sol centro do sistema
O Sol está inmóbil
A Lúa xira ao redor da Terra
Os planetas xiran ao redor do Sol
O Sistema Solar
O Sol: É unha inmensa esfera de gases incandescentes
Masa: 334 000 veces a da Terra
Volume: 1 300 000 o da Terra
Distancia: 150 000 000 Km (1 unidade astronómica)
Temperatura
Superficie: 6 000 graos centígrados
Núcleo: 20 000 000 graos centígrados
Planetas Ananos: Son astros de forma redonda que xiran ao redor do Sol e que non lograron “limpar” a súa órbita doutros corpos
Plutón
Ceres
Eris
Corpos pequenos: Xiran ao redor do Sol e hainos de tódolos tamaños e formas
Asteroides
Cinto de asteroides: Encóntrase entre Marte e Xúpiter
Cometas: Móvense ao redor do Sol en órbitas moi excéntricas. Os seus ciclos oscilan entre os 5 e os 300 anos
Núcleo: Formado por rochas e xeos de auga e outras substancias
Coma: Formada pola evaporación dos xeos debido á calor solar
Cola: Formada polos mesmos gases que a coma, pero estendida polo vento solar
Planetas
Terrestres, internos ou telúricos
Mercurio
O máis próximo ó Sol
Superficie chea de cráteres
Non ten atmosfera nin auga
Temperaturas entre -170 graos centígrados e 450graos centígrados
Distancia ó Sol 50 000 000 de km = 1/3 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 3 minutos
Venus
Visible ao amañecer e atardecer
Atmosfera de dióxido ce carbono (CO2)
A súa temperatura e maior cá de Mercurio, debido o efecto invernadoiro
Hai ventos moi intensos e nubes de substancias corrosivas
Distancia ó Sol 112 500 000 de km = 3/4 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 6 minutos
Terra
Único planeta coñecido con vida
Temperatura media de 15 graos centígrados
Auga en forma líquida
Atmosfera con osíxeno
Distancia ó Sol 150 000 000 de km = 1 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 8 minutos
Marte
Máis pequeno cá Terra
Superficie seca e areosa
Atmosfera moi tenue de dióxido de carbono (CO2)
Distancia ó Sol 225 000 000 de km = 3/2 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 13 minutos
Xigantes, externos ou gasosos
Xúpiter
O máis grande de tódolos planetas
Superficie de hidróxeno líquido
A súa atmosfera non permite ver a súa superficie
Ten 13 satélites
Distancia ó Sol 750 000 000 de km = 5 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 45 minutos
Saturno
Parecido na súa composición a Xúpiter
Máis pequeno que Xúpiter
E o planeta máis fermoso do sistema solar, xa que o seu redor ten un belísimo anel
Distancia ó Sol 1 500 000 000 de km = 10 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 80 minutos
Urano
Moito máis pequeno que Saturno
Eixe de rotación moi inclinado
Ten satélites de gran tamaño
Distancia ó Sol 3 000 000 000 de km = 20 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 160 minutos
Neptuno
O máis pequeno dos planetas xigantes
Descuberto en 1846
Temperatura entre -150 graos centígrados e -200 graos centígrados
Distancia ó Sol 4 500 000 000 de km = 30 U.A.
A luz do Sol tarda en chegar 240 minutos
As Estrelas
O seu tamaño ou volume é moi variable
A súa masa varía pouco
Cor
Azuis: As de maior temperatura, rolda os 25 000 graos centígrados
Brancas: A súa temperatura rolda os 10 000 graos centígrados
Amarelas:Coma o Sol, a súa temperatura rolda os 6 000 graos centígrados
Vermellas: As de menor temperatura, rolda os 3 000 graos centígrados
Movemento
Moi rápido, a razón duns 72 000 km/h
Formación
A partir de grandes nubes de gas e po, as nebulosas
Evolución e morte
Formadas fundamentalmente por hidróxeno
As medianas e pequenas arrefríanse formando ananas brancas
A medida que consomen o hidróxeno do seu núcleo expándense e arrefrían para converterse nunha xigante vermella
Finalmente contráense nunha anana branca
As estrelas de maior tamaño morren nunha explosión final chamada supernova
Nesta explosión lanzan ó espacio parte dos materiais fabricados
Estes materiais unha vez fríos, forman o po cósmico
O resto da estrela compáctase para formar unha estrela de neutróns (pequena con moita masa) ou un buraco negro (a forza da gravidade na súa proximidade é altísima)
Características orbitais: Distancia media do Sol 0,387 UA. Radio medio 57.910.000 quilómetros. Excentricidade 0,20563069. Período orbital (sideral) 59d 23,3h. Período orbital (sinódico) 115,88 días. Velocidade orbital media 47,8725 km/s. Inclinación 7,004°. Número de satélites 0. Características físicas: Diámetro ecuatorial 4.879,4 quilómetros. Área superficial 7,5 × 107 km2. Masa 3,302×1023 quilogramos. Densidade media 5,43 g/cm3. Gravidade superficial 2,78 m/s2. Período de rotación 58d 15,5088h. Inclinación axial 0°. Albedo 0,10-0,12. Velocidade de escape 4,25 km/s. Temperatura media superficual: Día 623 K. Temperatura media superficial: Noite 103 K. Temperatura superficial mínima/media/máxima 90 K/440 K/700 K. Características atmosféricas: Presión atmosférica vestixios Potasio 31,7%, Sodio 24,9%, Osíxeno atómico 9,5%, Argón 7,0%, Helio 5,9%, Osíxeno molecular 5,6%, Nitróxeno 5,2%, Dióxido de carbono 3,6%, Auga 3,4%, Hidróxeno 3,2%. Mercurio é o planeta do Sistema Solar máis próximo ao Sol, e o máis pequeno (fóra dos planetas ananos). Forma parte dos denominados planetas interiores ou terrestres. Mercurio non ten satélites. Coñecíase moi pouco sobre a súa superficie ata que foi enviada a sonda planetaria Mariner 10, e fixéronse observacións con radares e radiotelescopios. Antiguamente pensábase que a superficie de Mercurio sempre presentaba a mesma cara ao Sol, situación similar ao caso da Lúa coa Terra; ou sexa, o seu período de rotación era igual ao seu período de translación (88 días). Con todo, en 1965 mandáronse pulsos de radar cara a Mercurio, co cal quedou definitivamente demostrado que o seu período de rotación era de 58,7 días, o cal é 2/3 do seu período de translación. Isto non é coincidencia, e é unha situación denominada resonancia de xiro-orbital. A superficie de Mercurio, como a da Lúa, presenta numerosos impactos de meteoritos de todas dimensións. Algúns dos cráteres son relativamente recentes, dalgúns millóns de anos de idade, e caracterízanse pola presenza dun pico central. Parece ser que os cráteres máis antigos tiveron unha erosión moi forte, posiblemente debida aos grandes cambios de temperatura que nun día normal oscilan entre 623 K (350 ºC) polo día e 103 K (-170 ºC) pola noite. O cráter máis grande é a Cuenca de Caloris, a cal ten un diámetro de 1300 quilómetros. Do mesmo xeito que a Lúa, Mercurio parece sufrir un período de intenso bombardeo de meteoritos de grandes dimensións, fai uns 4000 millóns de anos. Daqueles tempos remotos datan algúns cráteres, cuios diámetros son aproximadamente duns 100 quilómetros, así como unhas anchas depresións, semellantes aos mares da Lúa. Contrariamente ao que se pensaba, a sonda Mariner 10 demostrou a existencia dunha atmosfera, moi tenue, constituída principalmente por potasio e sódio, con trazas doutros elementos. A presión da atmosfera parece ser só unha cen milésima parte da presión atmosférica na superficie da Terra